COVID-19: Pandemia do imperialismo


Resultado de imagen de galicia corona virus

Os nocivos efectos do chamado Coronavirus (COVID-19) en Galicia están aumentando, o cal xera unha sensación de alta preocupación no noso país. Máis de cen casos detectados ou a triste pérdida dunha persoa maior na cidade de Vigo son exemplos que poñen en evidencia de que estamos diante dunha crise sanitaria sen precedentes.

Debandita crise contextualízase nos masivos recortes efectuados polos gobernos da Oligarquía en toda a estructura dos
servizos públicos sanitarios. O colapso dos teléfonos dispostos pola Xunta (“curiosamente” agora é gratuito o teléfono de citas do Sergas), a carencia de médicos ós que poder consultar ou a falta de ambulancias (situación que dende fai anos vén denunciando o sindicalismo) son as consecuencias do caduco sistema capitalista, estruturado sobre o sistema de mercado. Os
seus xestores, cumplindo a liña de privatizacións marcada polas grandes corporacións, terminaron por convertir a saúde nun negocio; un negocio que é aproveitado por gran parte da industria farmacéutica para producir beneficios basados na explotación das enfermidades.
As medidas que está tomando o PPdG son efectivamente insuficientes. En gran medida a incompetencia amosada polo actual
Executivo débese a súa propia folla de ruta, antepoñendo os intereses das corporativas financieiras ó benestar da maioría social.
Por outra parte, esta pandemia repercute activamente nas vida da clase traballadora, sobre todo no eido económico:

• Os chamados “teletraballos” son un tanteo da patronal para manter as súas propias ganancias. Baixo a excusa da flexibilidade
atopámosnos cunha das formas máis básicas de escravitude, na que todos os gastos da producción son para os e as empregadas
e non para as empresas.

• O cese da actividade laboral propicia, entre outras cousas, despidos masivos (fundamentalmente no sector servizos) e o paro forzoso do colectivo das e dos autónomos, os cales non teñen en moitos casos ningunha prestación ou compensación.

• O aumento de discursos chovinistas e reaccionarios, normalizando o bloqueo nas fronteiras, dividen a masa operaria,
confundindo os seus obxetivos cun turbillón de odio desmesurado. Debemos facer unha mención aquí á situación dos e das
refuxiadas (xa existe un positivo en Lesbos), deixando claro que os colectivos máis vulnerables son aqueles que non teñen
ningún recurso.

Para quenes firmamos éste manifesto a solución pasa inexcusablemente por un programa político unitario que recolla, entre outras medidas, as seguintes:

  1. A derogación da lei 15/97, a cal permite a privatización da saúde.

  2. A defensa inexcusable dos servizos públicos fronte as privatizacións propiciadas polo Réxime do 78.

  3. A nacionalización daqueles recursos imprescindibles para facer frente ás nosas necesidades reais.

  4. Ampliación e consolidación das plantillas do Sergas, iniciando os turnos necesarios para unha atención correcta aos pacientes.

  5. Control estatal da seguridade de quenes no Estado de Alerta deben de traballar.

Afirmamos en consecuencia que debandito plan non se pode realizar sin a organización nin a participación activa de quenes
producimos todo, co obxetivo de mudar este sistema (o cal ten demostrado ampliamente que só funciona para unha minoría
parasitaria que vive do noso esforzo) e establecer un verdadeiro goberno ó servizo das e dos traballadores.

NO CAPITALISMO NON HAI CABIDA PARA A SAÚDE!
UNIDADE CONTRA A MONARQUÍA E O CAPITAL!!

Asinan:
CEDEIRA POLA ESQUERDA
PLATAFORMA GALEGA POLA TERCEIRA REPÚBLICA
PARTIDO COMUNISTA DO POBO GALEGO
COMITÉ GALEGO DO PCE(m-l)