Un año más recordamos la heroica lucha de los astilleros de Bazán


 

navantia-ferrol

Outro ano máis, e xa van uns cantos, a cidadanía de Ferrol e distintas organizacións políticas e sindicais recordamos nesta data a heroica protesta nos estaleiros de Bazán, actual Navantia. Aquelas xornadas de confrontación saldáronse con dous asasinatos e ducias de feridos á mans da ditadura franquista. Daniel Niebla e Amador Rey teñen que ser exemplo e reflexión.

Exemplo, para todos aqueles e aquelas que loitamos por unhas condicións de traballo dignas. Coas actuais medidas en materia de emprego, a dereita está empeñada en rematar cos dereitos profesionais e sociais no noso Estado. É un feito contrastado que esta nova reforma non vai reducir as altas taxas de eventualidade e precariedade do mercado laboral, só cabe mirar os datos de desemprego. E para o colmo, a troika europea practica o ordeno e mando. O pasado día 5 deste mes, Bruxelas reclamaba ao goberno máis subas de impostos e novos recortes.

Urxe como necesidade participar activamente nos sindicatos, primeiras asociacións de obreiros, e combater as inxustizas dende dentro deles, elevando o nivel de conciencia entre a clase obreira e combatendo o amarelismo das cúpulas, tal e como fixeron Daniel e Amador. PROCLAMEMOS QUE OS SINDICATOS NON SOBRAN, SE NON O QUE SOBRAN SON OS QUE NON DEFENDEN OS NOSOS INTERESES DENTRO DELES!. Pero tamén é necesario organizarnos politicamente para derrocar a estes gobernos, que baixo o amparo da Monarquía, en vez de apoiar ao pobo, se dedican a apoiar os grandes capitalistas, aos banqueiros, etc, en definitiva, a unha minoría que exerce a súa ditadura contra a maioría. Non haberá saída sen unha fronte ampla de esquerdas, e niso estamos empeñados REPUBLICANOS. Véxanse como exemplos os pasos decididos de AGE e a JER ( Xunta Estatal Republicana, onde nós participamos activamente ), nos cales diversos partidos políticos avistan como o seu eixe programático a superación do réxime nun grao ou outro.

Ademais falamos dun exercicio de interesante reflexión, xa que temos que ter en conta que este sistema se fundamenta na opresión das clases populares. O caso daqueles disparos a queimarroupa da policía o 10 de Marzo de 1972, non é un caso illado, nin será o ultimo. Non temos que ter medo, somos a maior forza social, pero, ollo!, só demostrarémolo con determinación, unidade e organización, preparando o terreo para a vitoria. Compañeiros e compañeiras, a loita é o único camiño.

Impulsemos a Fronte Popular!
Conquistemos a Terceira República!
Que viva a loita da clase obreira!