CARTEL Y COMUNICADO 14 ABRIL A CORUÑA‏


14 ABRIL CORUÑA

Este ano, no que se celebra o 82 aniversario da proclamación da Segunda República, as organizacións convocantes divisamos como inaprazable avanzar en unidade cara a unha República Federal e de democracia participativa respetando os nosos propios espazos, porque este Estado non responde ás necesidades das clases maioritarias. Co modelo de xestión que propoñemos, os traballadores de toda clase seremos os artífices do noso propio porvir.

Os gobernos correspondentes só avalan aos grandes capitalistas, responsables do drama humano xerado pola crise que eles mesmos provocaron. É polo papel ególatra dos grandes empresarios e financeiros, e polo papel compracente con estes da Monarquía e do bipartidismo, que os recortes en sanidade ou educación son dirixidos a nós e nós, ás capas populares, supoñendo isto a destrución da democracia.

A Terceira República está cada vez máis presente nas loitas sociais porque o ben común é de primeira orde. Os dereitos, as liberdades, os servizos públicos son demandas esenciais que serán satisfeitas coa ruptura da Transición e o traballo pola Unidade das forzas de Esquerda e Republicanas. Imos por bo camiño, ultimamente estanse a dar proxectos interesantes cara á unidade do movemento republicano de esquerdas, onde distintos partidos conflúen baixo programas de mínimos en torno a este eixe político.

Fan falta ideas claras e vontade firme, non é hora da dispersión e das dúbidas. Temos un inimigo común coas súas propias armas de lexitimación ao que bater, e se non damos todas e todos xuntos a estacada, as avanzadas serán en van. Urxe elevar todas as mobilizacións sectoriais cara a un descontento globalizado, urxe polo tanto, unha nova Folga Xeral. A loita non é doada, pero menos doada será o noso futuro se non loitamos. En definitiva e resumindo, é hora da Fronte Popular e da Terceira República.

POLA UNIDADE DA ESQUERDA!
VIVA A TERCEIRA REPÚBLICA!