¡DEFENDAMOS NAVANTIA! ¡NON PASARÁN!


Galiza
FOLGA XERAL FERROL. 12 XUÑO.

navantia-ferrolRepublicanos, federación de organizacións republicanas e de esquerdas cuxo obxectivo é a construción da Terceira República Federal, Popular e Democrática, e Nuevos Republicanos 1905, Club de opinión política, queremos manifestar en primeira instancia o noso firme apoio a esta xornada de loita, que se encadra nunha constante resistencia das clases obreira e populares ante o pulso do actual réxime económico e político.

En interese exclusivo da troika europea a reestruturación do sector naval é unha clara perda do estatal en mans da privatización, cuxos resultados son nefastos. Implica unha ampla perda de postos de traballo, e non en menor medida implica perda de soberanía e unha mala xestión dos recursos. O que nós propoñemos, é a nacionalización dos sectores económicos claves, xa que os bens do país serán explotados para investir na nosa saúde, na nosa educación, en vivendas para toda a poboación, é dicir, en todo aquilo que nos están a quitar para manter o seu propio beneficio.

Ante este agravamento xeneralizado é necesario articular unha Fronte Ampla de Esquerdas que teña como primeiro obxectivo a dimisión da actual Executiva que non defende as necesidades xerais dos traballadores, desempregados, das mulleres e da xuventude. Esa Fronte loitará por un proceso rupturista que alcance unha Terceira República do pobo e para o pobo.