Un ano máis, e xa van uns cantos, o 25 de Xullo celebramos o Dia da Patria Galega nun ámbito hostil para as clases populares. A actual executiva, co «señor» Feijoo á cabeza, está a condenarnos a unha situación de total desigualdade social. Os e as Republicanas ante este día temos que sinalar, en primeira instancia, que baixo este réxime, cunha Constitución que manifesta explicitamente a indivisibilidade da Nación Española e cun marco autonómico que xera disparidades xeográficas e agravios comparativos, o dereito democrático dos Pobos para decidir o seu propio destino en liberdade non se pode cumplir.
En segunda instancia, cabe aclarar que somos a esquerda traballadora a grande interesada nunha resolución sen imposicións da contradición e confrontación nacional, provocada esta tanto pola burguesía española coma pola galega. Apostamos en consecuencia, pola construción dunha República Federalista e Popular na que se recoñeza a autodeterminación.
En terceiro lugar, recalcar que os que lograremos ese modelo estatal somos os traballadores, os desempregados, a xuventude e a muller, cuxo papel tamén será determinante. Pero ollo! Sen unha ferramenta unitaria como é a construción da Fronte Popular as nosas aspiracións quedarán en papel mollado. Por iso chamámosvos todos e todas a participar na nosa loita por unha orde xusto. Os que sufrimos nas nosas carnes a opresión do sistema temos o futuro nas nosas mans.
Xa por último, recordemos as palabras do noso gran literato Castelao, pronunciadas no seu discurso no «Stadium Centenario» en Montevideo en 1943, que esclarecen perfectamente a postura consecuente do galeguismo:
«Desprezar a variedade nacional española equivale a desprezar o auténtico ser de España, porque alí a variedade é tan natural, tan rica, tan admirable, que de pobo a pobo varía ata a forma de pan. (…) Dunha República legalmente constituída pola vontade do pobo e asentada sobre as realidades españolas xamais poderiamos sentirnos separatistas «
Asina: Federación Republicanos

Debe estar conectado para enviar un comentario.