GALICIA: ACTOS POLO 14 DE ABRIL NO POBO GALEGO


IMG_27579429450018Fai 83 anos a amplia sociedade galega deu luz verde ó proxecto da Segunda República. Un marco esperanzador, democrático e de profundas medidas en favor das maiorías sociais.

Hoxe, os e as republicanas homenaxeamos este fito histórico pero tamén aprobeitamos esta data, e outras, para ofrecer unha alternativa unitaria a este podrido réxime. A construcción da Terceira República Federal, Popular, Laica.

Con este propósito a Federación Republicanos de Galicia deuse cita en varias cidades e localidades durante a fin de semana e o propio dia 14.

O dia 13 dábamosnos cita en Pontevedra as 12 da mañán nunha concentración realizada en conxunto con Esquerda Unida e Esquerda Anticapitalista Galega. Xa pola tarde, veriamosnos en Cedeira, preto de Ferrol,  tamén cos compañeiros de EU nunha ofrenda aos mártires da tráxica guerra civil.
O propio 14 tiveronse realizado actos en A Coruña, entre eles unha ofrenda e unha concentración pola tarde en conxunto co club de debate Nuevos Republicanos 1905. Xa en Vigo, acudimos a exitosa manifestación das 8 da tarde, confluindo con Nova Esquerda Galega, membros tamén de La Izquierda, onde nos participamos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.