RPS GALICIA : TUMBEMOS OS SÍMBOLOS FRANQUISTAS DA NOSA TERRA


Tras moitos anos de incansable activismo dos vigueses contra a chamada » Cruz do Castro «, onde os franquistas cometían cruentos asasinatos, co conseguinte rexeitamento dos distintos gobernos locais, seguidistas e cómplices coa ditadura, por fin a xustiza ditaminou que o Concello de Vigo debe retirar este horrible » monumento «, amparándose na Lei de Memoria Histórica.

A Federación Galega de Republicanos ante esta esperanzadora noticia recalcamos varias cuestións:

A) A pesar da irracional e cínica postura do alcalde Abel Caballero, militante do PSOE, o cal inda ten a cara dura de cuestionar esta sentenza, ante o imperativo legal non pode facer oídos sordos e acatar tal conclusión.

B ) De non ser así, a nosa organización, xunto con outras coma Nova Esquerda Galega, promoveremos cantas medidas estén nas nosas máns, inclusive procesos xudiciais contra o actual executivo local por desacato.

C ) Para nós, xa non se trata só duha cuestión de Memoria Histórica, se non de coherencia cos principios que rixen a nosa  patria. Se a Constitución actual define o Estado Español como aconfesional, ¿ Que sentido teñen as múltiples iconas relixiosas nos espazos públicos ? ¿ Non é a retirada entón desta cruz, e doutras, unha cuestión de principios constitucionais ?.

D ) Todas estas contradicións responden a lóxica da Monarquía Parlamentaria, surxida ao carón do fascismo. Se queremos firmemente verdade, xustiza e reparación hai que rematar con esta farsa impulsando un proceso constituínte cara unha República Democrática que garante estas e outras necesidades populares.