RPS GALICIA: o réxime invirte máis en defensa que en sanidade ou en emprego


galiciaA nación galega atoparáse de novo no ano 2015 nunha situación límite, cunha evidente perda de recursos sociais e económicos, que afectará as clases traballadoras do país.

O goberno impopular do PP na Moncloa non prevé para os Orzamentos Xerais do Estado ningunha mellora con respecto a situación que nos ten levado. Estes orzamentos son o garante dunha saída » pola dereita » da crise. ¿ Que queremos sinalar con isto ?, Que coma indican todos os datos, a diferenza entre ricos e pobres vai en aumento, que as únicas preocupacións para o señor Mariano Rajoy e o seu séquito e darlle mais beneficios a aqueles que nos levaron a unha tesitura sen precedentes. Por exemplo, o gasto público descenderá un 1 %, e dese gasto unha gran partida vai para o Exército ou o mantenimento da Casa Real.

Mais dende RPS Galiza temos claro que outras políticas son posibles. Xa non se trata dunha cuestión de bipartidismo, trátase da ilextimidade de todo un réxime herdeiro do franquismo. Non queda outra, como facemos dende a nosa existencia, que fortalecer a unidade das esquerdas. Esta unidade debe de levar no seu eixo programático un proceso constituínte republicano. Chamamos as organizacións políticas e os movementos sociais a loitar polo republicanismo. Un republicanismo en definitiva que recolla os valores de » liberdade, igualdade e fraternidade » e os faga de seu. Ese é o noso compromiso.
Non podemos esperar a actitudes mesiánicas. So o noso pobo, e o conxunto dos pobos de España,  organizado e comprometido pode mudar semellante despropósito. Únete pola ruptura!