Concentración diante do edifico de Correos, único edifico público de Ferrol que conserva o escudo da II República, co obxectivo de reafirmar a nosa opción por un estado republicano e federal que blinde os nosos dereitos como pobo así como as condicións materiais mínimas para o exercicio da condición plena de cidadanía. – Lectura dun manifesto polo que reivindicaremos o dereito á decidilo todo por parte da cidadanía e rexeitaremos o encabalgamento de fases na restauración monárquica, apoiaremos a iniciativa parlamentar de Izquierda Plural para derrogar o art. 135 da constitución e reiteraremos a nosa denuncia a todas as políticas de privatizacións e malgasto.
Hora:20: 00 horas.
A continuación (20:30 horas) haberá un coloquio ,aberto e ao que o CPL convida a todos e todas, na sede de Esquerda Unida.
Aproveitamos para notificar que os concelleiros do grupo municipal de Esquerda Unida non asisitirán aos actos oficiais do Concello conmemorativos do aniversario da constitución en coherencia co posicionamento da nosa organización en defensa dun proceso constituínte rupturista co actual estado de cousas e , xa que logo, republicano e popular.
Deixamos as conmemoracións do que hai, coa súa podremia incluída, para os partidos dinásticos e o seu frente político-económico. Esculpido está en metal duro, desde a transición, que non haxa máis alternativa que a teimuda obstinación na xestión do réxime monárquico. Non vai con nós.
Esquerda Unida non vai contribuir a esta ceremonia da confusión nin no que respecta a pactos de estado encubertos sobre como reformar «algo» para «acabar» coa corrupción, nin ao mantemento de políticas procíclicas ,que en mistura cos recortes, non traen máis que fame e miseria, nin no relato , con retórica compatida, que o bipartidismo dinástico mantén sobre a actual situación do réxime.
Grazas pola atención e un saúdo fraternal e republicán. Suso Basterrechea.Coordinador Local.
Esquerda Unida de Ferrol