No
estamos a vivir tempos de absoluta ingobernabilidade, xa dende que no 2013 6 ediles abandoaran o seu escaño formando o chiringuito » Pacto X Ames » ( o cal non deixa de ser unha visión descafeinada do que representa o PP nas nosas localidades, un total rexeitamento ós intereses veciñais ). Mais agora, coa renuncia de dous novos conselleiros ( un deles por dar positivo nun control de alcolemia ) esta paupérrima situación queda totalmente esclarecida.
O desgoberno local viu a profundizar mais a crise creada pola banca e o réxime que o sustenta, en vez de darlle saídas. O noso alcalde e o seu cada día mais débil equipo, posicionase de lado da Xunta o admitir toda clase de privatizacións en favor das empresas e non dos amienses. Vemos coma esas promesas dun novo Centro de Saúde para O Milladoiro, como a rescisión do contrato de Eulen para xestionar os espazos deportivos ( que deberían ser públicos), como a xestión nefasta do servizo de augas, delatan as ineptitudes do tramposo señor Santiago Amor, amparado polo mesmísimo Astray, aquel que convetiu o Milladoiro nun sumideiro do boom inmobiliario, e que marxinou por completo as zonas rurais do Concello.
Mais aló do que poida deparar as eleccións municipais do 24 de Maio, a situación non é precisamente moi alentadora. A Esquerda preséntase totalmente dividida e cun discurso continuista, non de confrontación co marco político que sustenta tal desfeita económica e política.
Para nós, a Federación Republicanos, e asi llo queremos facer expresar a nosa veciñanza, tratase dunha cuestión do modelo de Estado, quenes son precisamente os que mal xestionan os recursos económicos municipais, aplicando leis discriminatorias como a reforma das bases do réxime local.
Creemos que o noso deber é unirnos para derrocar ó Partido Popular, e así levar a voz da maioría social castigada pola recesión ate as institucións. Tomar o poder para facer todo o contrario do que dende a Moncloa se nos impón, e devolver a democracia ó pobo. Esto non se vai a desenvolver cunha Monarquía parasitaria e cuns partidos inútiles para os nosos intereses como maioría traballadora. E hora de organizar un cambio profundo, non de medias tintas.
Chamamos en consecuencia a loitar por un bó goberno en tódolos niveis, polo tanto, a construir Igualdade, Fraternalidade, Solidariedade. A CONSTRUIR REPÚBLICA!!