Como todos os anos dende 2012, a ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO “Amig@s da República” organiza unha manifestación republicana que con motivo do 84 aniversario da proclamación da República terá lugar o martes día 14 de abril ás 20 horas dende a farola de Urzaiz ata a rúa da II República. Ao final da mesma haberá distintas intervencións, entre elas a do xornalista Eduardo Rolland que lera un comunicado. O acto rematara coa interpretación do himno galego e do himno de Riego.
Na Asemblea Republicana de Vigo “ Amig@s da República” cremos que hai que REPUBLICANIZAR AS RÚAS E OS CONFLITOS e defender, mesmo a contracorrente agora , os valores republicanos como parte dunha estratexia imprescindible para acabar con esta Terceira Restauración Monárquica que padecemos. Conceptos como os de liberdade, igualdade, fraternidade, Estado laico, dereito ao traballo, á vivenda, á sanidade e á educación publica, á igualdade de xénero, a loita contra o racismo, a xenofobia, o belicismo, o imperialismo e a defensa do ecoloxismo e do dereito das nacións sen estado para decidiren o seu futuro, son, entre outros, os valores que lle son propios á defensa da República
Debe estar conectado para enviar un comentario.