A Federación Galega de Republicanos é unha organización unitaria de esquerdas que pretende instaurar unha Terceira República Democrática e Federalista, recollendo o mellor da tradición rupturista.
O noso obxetivo é darlle a democracia á maioría castigada pola crise do gran capital, conectando con outras iniciativas que teñan como obxetivo romper coa actual Monarquía Parlamentaria, cómplice da ditadura das oligarquías financieiras.
Diante destas eleccións municipais, a nosa posición ven se pode resumir en vincular o municipalismo a un proceso constituínte estatal como un proxecto democratizador, netamente republicano.
As ditadura franquista, fronte as folgas do movemento popular nos últimos anos da mesma, propiciu unha pactada transición, cunha Constitución, a do 78, que rexeitaba con recelo as formas de participación cidadá directa e non fixo ningunha mención as Asociacións de Veciños. Continuando con estas políticas reacias á nosa participación nas institucións, recentemente o desgoberno do impopular PP, aprobou unha reforma da administración local, que entre outras medidas, reduce o número de conselleiros e competencias municipais, e recortanse o presuposto para estas institucións.
Esta ofensiva, de marcado carácter clasista, xenera desigualdades, precariedade. A pesar de todo este panorama desolador, a loita provinte do ámbito local sigue constante.
Á nosa iniciativa precisamente pretende unificar toda esta rebeldía e atacar directamente as estructuras controladas por unha privilexiada minoría.
Nesta próxima xornada do 24 de Maio, queremos recalcar de novo o noso compromiso pola unidade das esquerdas e dos movementos sociais para, coma no 1931, que a forza antimonárquica se impoña, demostrando que existen alternativas, sendo posible construir un novo municipalismo ó servizo do pobo traballador. Alí onde se den candidaturas que recollan os principios básicos das nosas propostas mostraremos o noso mais sincero apoio.
Debe estar conectado para enviar un comentario.