RPS A CORUÑA NO PRIMEIRO DE MAIO


IMG-20160501-WA0002O grupo local da Federación Galega de Republicanos en A Coruña estivo presente e moi activo nunha das manifestacións convocadas para o Primeiro de Maio na cidade herculina, data na que a clase obreira mundial mostra a sua fraternidade recordando os mártires de Chicago de 1886.

Lamentablemente unha vez mais os traballadores, os sindicatos e as organizacións políticas de esquerdas acudimos a esta importante data separados e sen un obxetivo común.

IMG-20160501-WA0001~2Os republicanos sabendo desta situación de debilidade chamamos a facer unha fronte común contra o Réxime do 78, pata básica da crise sistémica que padece o pobo. Sabemos que co paso do tempo as receitas neoliberais ou mal chamadas » reformistas » terán unha resposta contundente nas rúas e nas institucións.

Un golpe a modo de quebra democrática e de instauración da Terceira República, a pesar dos cantares de » sorpasso » podemita, que coma estamos a ver na nosa cidade co » goberno do cambio » , non solucionarán os graves problemas da nosa cidadanía sen un proceso constituínte que deixe en fóra de xogo a Monarquía e o bipartidismo.

POLA UNIDADE DAS ESQUERDAS! STOP Á SEGUNDA TRANSICIÓN!! CON RPS HAI GARANTÍAS DE REPUBLICANISMO!!! AFÍLIATE!!!