Outro ano máis, e xa van uns cantos, a cidadanía de Ferrol e distintas organizacións políticas e sindicais recordamos nesta data a heroica protesta nos estaleiros de Bazán, actual Navantia. Aquelas xornadas de confrontación saldáronse con dous asasinatos e ducias de feridos á mans da ditadura franquista. Daniel Niebla e Amador Rey teñen que ser exemplo e reflexión.
Exemplo, para todos aqueles e aquelas que loitamos por unhas condicións de traballo dignas. Coas actuais medidas en materia de emprego, a dereita está empeñada en rematar cos dereitos profesionais e sociais no noso Estado. É un feito contrastado que esta nova reforma non vai reducir as altas taxas de eventualidade e precariedade do mercado laboral, só cabe mirar os datos de desemprego. E para o colmo, a troika europea practica o ordeno e mando. O pasado día 5 deste mes, Bruxelas reclamaba ao goberno máis subas de impostos e novos recortes. Seguir leyendo Un año más recordamos la heroica lucha de los astilleros de Bazán














Debe estar conectado para enviar un comentario.