RPS Galiza: Solidariedade coas traballadoras de limpeza da empresa Cleanet


Na bisbarra de FerrolTerra a crise estáse levando dende xa fai un bo tempo por diante os dereitos dos traballadores e das traballadoras, xa non só do sector do naval, senón da masa productiva en xeral.

As traballadoras de Cleanet, que cumplen servizos de limpeza para o exército, comandado por un monarca testigo dunha corruptela sin precedentes no seo da sua propia familia, levan varias semanas xa de folga indefinida reclamando o cobro das súas retribucións.

A pesar dos ” oídos xordos ” do Ministerio de Defensa e dos ” trapicheos ” da propia empresa, amañando supostas melloras para engañalas e saires do paso diante dunha problemática real, estas compañeiras seguirán levantando a bandeira da loita de clases.

Nesta tesitura, os militantes da Federación Republicanos de Cedeira, de Neda, e da contorna en xeral, mostraremos o noso apoio sen condicións diante desta xusta greve. Tamén creemos convinte sinalar que todas os pequenos combates deben confluir nun só golpe a un rexime marchito, organizando a unidade cidadá para construir alternativas.

Para nós, a única saida posible é a construcción dunha República capaz de dar respostas o drama  capitalista para o pobo galego e o resto dos pobos peninsulares.