Durante o próximo fin de semana o duque de Alba, Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo visitará Monforte de Lemos para ser recoñecido fillo adoptivo da cidade polo pleno municipal en sesión extraordinaria. Dende o goberno municipal, liderado polo socialista José Tomé Roca a visita do nobre español “véndese” á veciñanza monfortina como un extraordinario fito e un momento destacado da historia recente de da vila, xa que a anterior visita dun representante do ducado remóntase a 1960, cando Cayetana Fitz-James Stuart y de Silva, acompañada do seu primeiro marido visitaron as ribeiras do río Cabe. Pero mentres naquela ocasión a representante da casa de Alba recibía honores dunha ditadura fascista, nesta ocasión, as institucións democráticas, co alcalde José Tomé á súa cabeza, aseóllanse ante un dos máximos representantes da tradición máis autoritaria, despótica e aristocrática do Estado Español.
Seguir leyendo O Encontro Galego pola República expresa o seu rexeitamento a que o Duque de Alba sexa recibido con honras polo concello de Monforte →
Debe estar conectado para enviar un comentario.