PAREMOS A AGRESIÓN XENOCIDA CONTRA O POBO PALESTINO


CartazManiVigo1 A falsa vítima e o auténtico verdugo.

Israel asegura que o atacan. Asistimos ao terceiro bombardeo aéreo masivo contra a terra palestina de Gaza, e o governo sionista dalle nome de acción defensiva, coma os anteriores. Lembremos: Chumbo Fundido, ou a confusión e o caos para a Resistencia Palestina en 2008, con 1.800 mortos; Alicerce Defensivo, en 2012, con 170 mortos e 1.300 feridos e a actual Gávea de Protección que xa contabiliza perto de trescentos mortos e incontábeis feridos. A información do Estado de Israel sobre baixas e danos propios non está nunca contrastada; coa excepción de Estados Unidos e Israel, ningún Estado membro da ONU pon en dúbida os feitos do xenocidio palestino.

2 A verdade sobre Gaza.

Falar de Gaza é falar dunha franxa de terreo de 40 km de longo por 15 km de ancho e de pouco máis de 350 kilometros cadrados de extensión onde viven un 1.7 millóns de palestinos dos que 1.2 millóns foron expulsados das súas terras( o que agora é o sul do estado de Israel).Compre non esquecer que en 1947 cando a resolución 181 da ONU daba saida a partición de Palestina, só 5.6% das terras eran propiedade da poboación xudea. Hoxe posuen o 80% da superficie total.

Pero no escenario actual hai un elemento que non debemos deixar pasar desapercibido. A razón desta última demostración de barbarie hai que buscala, non na morte, aínda non aclarada, de tres xoves estudantes, que compre non esquecer, eran colonos nunhas terras roubadas aos palestinos.O obxectivo central desta nova agresión militar é o de romper o acordo de unidade nacional contra a ocupación que acaban de asinar Fatha e Hamas. E iso no é algo que o goberno israelí esté disposto a tolerar. Hamás nunca foi nin a causa nin o obxetivo. Precisamente para acabar con este acordo están bombardeando Gaza.O sistema de información obediente insiste en que o Estado de Israel colonizador de Palestina é a vítima e os habitantes de Gaza palestinos, resistentes da colonización, agresores. A rede televisiva norteamericana ABC aprópiase de imaxes de nenos e mulleres palestinos feridos e mortos, para alimentar a saga dos israelíes sitiados. A realidade de Gaza desminte heroicamente esta mentira: Gaza está aillada e bloqueada por terra, mar e aire; carece de armamento pesado, non ten arma de aviación, o seu sistema de comunicación e de enerxía básica está intervido polos sitiadores e non deixa de ser espiada a diario por un satélite norteamericano cedido ao Estado de Israel. O Estado de Israel é o 6º exportador de armas do mundo, fabricadas con licencias dos Estados Unidos e do Reino Unido e o primeiro importador de armas fabricadas nos Estados Unidos. O aparato militar–industrial estadounidense, contra o que xa alertara o propio presidente norteamericano Eisenhower, experimenta sistemas de alarma e destrucción millonarios sobre o povo de Gaza sitiado pola fame.

3 Delictos de lesa humanidade.

Tanto a Lei internacional coma o acervo universal de Xustiza, sancionan os delictos cometidos polo Estado de Israel contra o Povo Palestino: a política de colonización, ocupación de terras e expulsión do povo orixinario; a tortura diaria e asasinato do povo que resiste a ocupación; a cadea sen proceso e sen opción de defensa, tanto de adultos como de menores; o roubo, depredación e contaminación de recursos básicos; o aillamento de unidades de povoación; a criminal intervención do dereito de desprazamento dentro de Palestina, roubado dia a dia e hora a hora polos blocaos armados do Estado de Israel; a construcción dun muro de sitio sobre Palestina. O cerco contra Palestina limita os recursos fundamentais de saúde, alimentación, comunicación e cultura. A inxerencia do Estado de Israel sobre Palestina é obxecto de condena en todas as súas manifestación pola Asemblea das Nacións Unidas.

4 Castigo colectivo.

O Estado de Israel tortura, somete a terrorismo e mata ao Povo de Palestina por resistir a colonización. O Estado de Israel arrógase o dereito de aplicar un castigo colectivo sobre Palestina, un abuso inhumano condenado no mesmo libro do que os sionistan aseguran tomar a lexitimidade da súa violencia. A ONU ven de denunciar que 3 de cada 4 vítimas do novo ataque israelí a Gaza son civis, na súa maioría mulleres e nenos.

5. Galiza con Palestina

Os galegos e galegas reclamamos que os respònsables desta nova agresión sexan levados ante os tribunais internacionais e xuzgados por delito de xenocidio, que a Unión Europea e o Estado español  esixan a Israel o cese inmediato desta agresión e que se cumpran os incontabeis acordos de Nacions Unidas que, entre outros aspectos, implican o abandono dos territorios ocupados polo estado de Israel .

E por iso, polo que Galiza, pobo de exilio e de loita secular pola defensa da súa terra e e da súa cultura. Galiza, que acolleu sempre de brazos abertos  aos palestinos desterrados e resolveu ser solidario no combate contra a colonización de Palestina quere berrar , aquí e agora, nun clamor colectivo e   unanime

PAREMOS A AGRESIÓN XENOCIDA CONTRA O POBO PALESTINO¡¡

APOIEMOS A RESISTENCIA PALESTINA CONTRA A OCUPACION¡¡

POLA RESISTENCIA AINTIIMPERIALISTA INTERNACIONAL¡¡

PALESTINA VENCERA¡¡