Preto de 10.000 persoas acudimos a Compostela onte, 9 de Febreiro, para reivindicar que o PPdG cese nos recortes no sector sanitario. De todas partes do país xuntámosnos sindicatos, organizacións políticas e plataformas comarcais formadas por profesionais do sector sanitario.
O Comité Galego do PCE (ml), xunto cosas compañeiras da Plataforma Galega Pola Terceira República, acudimos a mesma defendendo a idea de que sen rematar coa Monarquía e o Bipartidismo, alicerces da barbarie capitalista, non hai saída posible para a clase traballadora.
As nosas consignas e propaganda foron ben acollidas polos numerosos participantes. Unha vez máis queda demostrada a nosa vontade de transformación real dende a unidade de acción contra o Réxime do 78 e o Capitalismo, chamando a organización permanente contra este sistema de recortes e desemprego.
NON MÁIS RECORTES EN SANIDADE!!
FEIJÓO DIMISIÓN!!!
Información relacionada:
Multitudinaria marcha en Santiago contra la gestión sanitaria de Feijóo (El País)
Debe estar conectado para enviar un comentario.