Galicia: FÓRA FASCISTAS DAS NOSAS RÚAS


Fracaso de la caravana ultraderechista en Galicia

A maioría social estamos a padecer dunha crise económica sen precedentes na que o fascismo voltou, aínda que máis ben nunca se foi, xa que non houbo quebra co aparello franquista, nin siquera depuración, mantendo aínda a súa cota de poder na mal chamada transición democrática. O Réxime do 78 coa súa Monarquía parlamentaria na testa é o brazo executor dous seus intereses, utilizando todas as súas armas (poder executivo, lexislativo e xudicial, os cales seguen actuando sen independencia dos poderes ecónomicos, medios de comunicación, policía, exército, etc…). Vivimos tempos convulsos nos que os que teñen o poder precisan mantelo e acrecentalo, empregando todas esas armas cando sinten que o seu status cambalea.
Neste panorama, os movementos e as voces críticas son inmediatamente caladas e penalizadas. Podemos citar varios exemplos, pero hai moitos máis:

Queremos aquí amentar ao cabo Santos Soto. presidente do Colectivo Republicano de Redondela, o cal foi expedientado e apartado do exército baseándose na reaccionaria idea de que un militar non debe posicionarse sobre cuestións políticas. Marcos Santos opúxose a un manifesto asinado por diversos mandos do Exército no que se exaltaba a figura do asasino Franco. Por este motivo foi investigado, sancionado e expulsado das Forzas Armadas e segue pendente dunha posición en firme da Ministra de Defensa, Margarita Robles, a cal non se pronunciou aínda pola presión social.
Tamén é moi significativo o caso dos “19 de Meirás”, militantes de esquerdas que a raíz dunha denuncia da Fundación Franco enfréntanse a penas de ata 13 anos pola ocupación simbólica non 2017 do Pazo de Meirás (roubado polos Franco nun proceso fraudulento, xa que o mesmo xa foi vendido antes pola familia de Emilia Pardo Bazán), colocando nela unha faixa coa lenda: “O Pazo é do pobo galego. Fascismo nunca máis”.

Noticia relacionada:  Fracaso de la caravana ultraderechista en Galicia

Tampouco podemos esquencer que esta escalada de represión xa tivo precedentes, coma a sentenza do Tribunal Supremo que meteu en prisión a ducias de presos políticos cataláns por defender o lexítimo dereito de autodeterminación, e tamén tivo verdugos coma Antonio González Pacheco alias Billy el Niño, torturador falecido recentemente, o cal seguía mantendo unha medalla “ ao mérito policial” do ano 77 ate os seus últimos días.

En plena pandemia da Covid 19 as posicións abertamente reaccionarias van avanzando, chegando a sinalar dende Vox ás feministas como causantes da extensión do virus polos actos e manifestacións do 8M. Vox, firme defensor das políticas heteropatriarcais, pasa dende a negación da violencia de xénero a sinalar xa abertamente ó movimento feminista como causante de tódolos males. Mentras tanto, calan sobre o acto convocado por eles ese mesmo día Palacio de Vistalegre, onde chegaron a congregar a varios milleiros de persoas.

FÓRA FASCISTAS DAS NOSAS RÚAS!

Na actualidade abundan multas sen base legal e abusos policiais coa escusa do estado de alarma, ademáis de bastantes contradicións e partidismo en resolucións xudiciais. Mentras se prohibiu a concentración con coches que pretendiu organizar a Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) para o Primeiro de Maio por parte da Subdelegación de Goberno en Pontevedra, déronse por ben feitas e con vía libre as manifestacións de Vox nas mesmas condicións o recente día 23 de Maio. Mesmo se admiten as concentracións en principio non permitidas e que se saltan todas as normas sanitarias impulsadas tamén por Vox en distintos barrios de Madrid ou en grandes cidades do Estado Español, amparadas polos corpos policiais (con apertas e saúdos incluídos).
A través deste manifesto chamamos as forzas progresistas, rupturistas e de esquerdas, así como á maioría traballadora a organizarse en prol dunha fronte común antifascista que salvagarde e priorice o ben común, esixindo:

– Derrogación da Lei Mordaza.

– Separación real dos poderes executivo, lexislativo e xudicial, salvagardando sempre os dereitos políticos e sociais da cidadanía.

– Cumprimento da Lei de Memoria histórica dotando á mesma dos medios necesarios para o seu correcto funcionamento.

– Ilegalización da Fundación Francisco Franco, do partido fascista Vox, e de toda organización que faga exaltación da ditadura franquista.

– Recuperación do patrimonio roubado pola ditadura. O Pazo de Meirás é un bo exemplo desta demanda.

– Defensa dos servizos e dun tecido industrial público, así como a súa ampliación.

Os asinantes comprométense a reunirse no tempo e forma, tendo en conta que a situación o permita, para artellar accións conxuntas, fomentando así a organización de quenes defendemos a transformación social.

FÓRA FASCISTAS DAS NOSAS RÚAS!! FÓRA FASCISTAS DAS NOSAS VILAS!! POLA UNIDADE DO POBO TRABALLADOR!!! NON PASARÁN!!!

Asinan:
Plataforma Galega pola Terceira República

Comité Galego do PCE (ml)

Cedeira pola Esquerda

PCPE

O manifesto está aberto a todas as organizacións políticas, colectivos, sindicatos e persoas a título individual que o queiran asinar. Para facelo podes poñerte en contacto a través deste correo electrónico: plataformarepublicanagalega@yahoo.com