Archivo de la etiqueta: Compostela

Compostela retira as condecoracións a dirixentes franquistas e fai alcalde de honra a Ánxel Casal

Ánxel Casal, na asemblea que fixou a data do referendo do Estatuto de 1936

Compostela non volverá render homenaxe a cargo franquista ningún. O pleno do Concello aprobou este xoves a retirada das honras municipais que se mantiñan a varios ministros do réxime fascista. É esta a primeira decisión derivada tras a aprobación no pasado mes de maio do novo Regulamento de Títulos, Honras e Condecoracións, que actualiza o aprobado nos anos 50 para adecuarse tamén á Lei de Memoria Histórica.  Seguir leyendo Compostela retira as condecoracións a dirixentes franquistas e fai alcalde de honra a Ánxel Casal