POR UNS SERVIZOS PÚBLICOS DO POBO!, Plataforma Galega pola Terceira República


A chegada do Covid 19 ás nosas vidas é un golpe traumático para todas e todos, pero se cabe aínda máis para a maioría social galega, a cal xa viñamos arrastrando dificultades desde a crise do capitalismo financeiro iniciada fai máis dunha década.

Á actual preocupación da clase traballadora nestes momentos de incerteza e ao elevado número das perdas humanas hai que sumarlle as consecuencias económicas que esta pandemia xa está a producir.
No concreto, nas residencias e centros de maiores (privatizados na súa maioría, o cal supón un acceso aos mesmos só para unha elite privilexiada que si pode pagalos) a precariedade nas condicións laborais e o sobre esforzo de dobrar moitas veces quendas das traballadoras pon en evidencia as políticas de quen quere sacar só ganancias deste drama humanitario.

Para a Plataforma Galega pola Terceira República todo isto ten a súa orixe nos fortes recortes sufridos nos servizos públicos que tanto nos custou conseguir presionando aos gobernos de quenda nas loitas sociais. Diminucións cuxo orixe provén da oligarquía no poder, a cal quere salvagardar os seus beneficios conseguidos co noso esforzo custe o que custe.
Para avanzar cara unha mellor situación chamamos a elevar a solidariedade consciente das capas populares e a construír unha fronte común contra quenes nos levan á miseria, expresado a mesmo nunha alternativa política que poña en marcha estas medidas urxentes, e outras:
1. Derogación do artigo 135 da Constitución, que prioriza o pago da débeda contraída coa Troika Europea. 2. Derrogación da Lei 15/97, a cal permite a privatización do sector da saúde. 3. Nacionalización de todos os centros médicos privatizados e da industria que permita xerar máis recursos para frear ao coronavirus. 4. Creación dunha potente industria farmacéutica controlada polo Estado.
Sabendo que todo isto non será posible cunha Monarquía parasitaria, que non mostra interese algún nas nosas vidas, á cabeza dun Réxime que só se pon de acordo á hora de minguar todo o relacionado cos servizos públicos, defendemos a necesidade de avanzar cara á Terceira República, un novo marco que sí teña o ben común coma prioridade absoluta.
UNIDADE POLA SANIDADE! A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!! FEIJÓO DIMISIÓN!!!

Plataforma Galega pola Terceira República plataformarepublicanagalega@yahoo.com http://www.facebook.com/plataforma3RCorunha