Galicia: 14 de Abril, ao pobo traballador


A insospeitada aparición do Covid-19, convertido xa en pandemia mundial, está a servir como “cabalo de Troia” para tapar a crise capitalista e para saquear os nosos dereitos básicos como pobo traballador. Vemos de maneira clara como arrasan o noso futuro. É tanxible, agora máis que nunca, o efecto devastador de décadas de privatizacións e de saqueo de bens públicos por parte dos partidos do réxime, sempre prexudicando a clase traballadora. Vivimos un momento histórico, onde se esculca con total claridade a decrepitude moral e ideolóxica do Réxime do 78. Ese réxime apodrecido, herdeiro do Franquismo, dá mostras da súa verdadeira faciana: como instrumento de dominación de clase da burguesía e do capital, servindo os intereses do Ibex 35, da Banca e da patronal, da casta política parasitaria, que son os que asoballan ao Pobo e nos someten ás estructuras do poder financieiro, económico e militar do imperialismo (FMI,UE,BCE,OTAN…).

As organizacións que firmamos este documento defendemos que, fronte a todo isto, hoxe máis que nunca é imprescindible a loita. Xuntas e xuntos pola ruptura do Réxime do 78! Mediante a acumulación de forzas defendendo nas rúas, e se cabe nas institucións, a conquista de: 1 A REPÚBLICA OBREIRA E POPULAR! Ao servizo do pobo na cal a maioría social detente o poder e participe nas grandes decisións mediante mecanismos de democratización e control da economía e das institucións para asegurar como primeira prioridade o emprego estable ben remunerado e uns servizos públicos básicos universais e de calidade, garantizando o dereito das persoas a unha vida digna. Para isto é urxente facer que todo o privatizado sexa público. 2 REPÚBLICA BASADA NA LIBRE DECISIÓN DOS POBOS! Para superar o actual modelo autonómico, inxusto e bilateral. Galiza é unha nación e coa Constitución monárquica os dereitos do noso pobo non están representados. Camiñar cara un modelo basado na libre adhesión dos pobos. Isto non é nin mais nin menos que exercer a Autodeterminación. 3 REPÚBLICA LAICA! Ruptura definitiva co concordato Igrexa-Vaticano e devolución ao pobo dos bens apropiados ilícitamente pola Igrexa. 4 REPÚBLICA IGUALITARIA! Por unha República de igualdade plena, verdadeira, de dereito pleno e liberdade entre xéneros e afectivo sexual, onde a loita contra a violencia machista sexa realmente efectiva e non teña cabida a explotación sexual, abolindo a prostitución. 5 REPÚBLICA XUSTA! Onde a separación de poderes sexa un feito. Destitución de todo o aparato xudicial burgués, endogámico e franquista. Por unha Administración da Xustiza democrática ao servizo do pobo e non das oligarquías. 6 MEMORIA HISTÓRICA REPUBLICANA! Por unha Lei de Memoria Histórica que restaure a dignidade de todas e todos os que loitaron e morreron contra a ditadura. Temos a obriga de loitar para a derogación das causas penais e xuízos farsa, e pola esixencia de responsabilidades a quenes colaboraron activamente neste xenocidio contra o pobo. 7 UNIDADE POPULAR POLA REPÚBLICA! Cómpre construir unha unidade popular real de todas e todos aqueles que nos definimos republicanos, de esquerdas, creando así unha alternativa para a maioría que sufre esta nova crise do sistema, e sendo capaces de facer realidade un novo modelo de sociedade: unha República das traballadoras e dos traballadores. Para isto é imprescindible rematar canto antes coa caduca, corrupta e apodrecida Monarquía herdeira do Franquismo.

AO POBO TRABALLADOR:

POR UNHA REPÚBLICA OBREIRA E POPULAR! NIN REIS NIN RAÍÑAS! A POLA TERCEIRA! PLATAFORMA GALEGA POLA TERCEIRA REPÚBLICA | PCE (ML) | PCPE | CEDEIRA POLA ESQUERDA