RPS-Galiza: MANIFESTO DA ESQUERDA RUPTURISTA E REVOLUCIONARIA DIANTE DO 6 D


cartel6d2015Este 6 de Decembro cúmprese o 37 aniversario da Constitución do 78, nunha forte situación de crise económica e política que castiga á clase traballadora e aos pobos do Estado Español. Os políticos ao servizo do bloque opresor estatal seguen insistindo en ofrecernos máis desemprego, máis fame e máis desigualdades, amparados precisamente por este interesado acordo da burguesía monopolista.
O bipartidismo, gran parte da esquerda institucional e o novo populismo nas súas dúas vertentes, constantemente apelan á reforma constitucional para seguir dando lexitimidade ao capitalismo salvaxe. Un modelo económico que é sinónimo de inmoralidade, de inxustiza e de desequilibrio. O sistema de libre mercado fai máis ricos aos ricos e máis pobres aos pobres e a aqueles países subdesarrollados que buscan desenvolverse economicamente engánaselles cunha falsa prosperidade que nunca chega.  
A maioría social galega vivimos pois ante un vil descaro perpetrado pola mesma caste oligárquica provinte dos anos da ditadura fascista, que busca renovar o seu voto de confianza mediante unha posible Segunda Transición.
Fronte a este crucial momento histórico, as organizacións transformadoras e revolucionarias e persoas a título individual que asinamos este comunicado chamamos os sectores populares, dirixidos e vinculados por unha auténtica fronte de esquerdas, a avanzar en UNIDADE por un novo marco de relacións onde o sistema funcione ao noso favor. Para iso, hai que combater á indefinición ideolóxica imperante na maioría das organizacións transformadoras e sociais, tomadas por unhas cúpulas oportunistas, con claridade nos obxectivos e cun traballo coordinado.
Si a monarquía parlamentaria, si o Réxime do 78, son o cadeado das clases dominantes explotadoras, entendemos que o traballo prioritario é a construción dun bloque hexemónico capaz de impulsar un proceso constituínte republicano, baseado nos dereitos democráticos máis fundamentais, por exemplo o pleno exercicio da autodeterminación das nacións que conforman a península ibérica.
O traballo por unha REPÚBLICA DEMOCRÁTICO POPULAR baseada na unión libre e voluntaria dos pobos que deciden camiñar xuntos, é unha prioridade. Somos coñecedores de que ao longo destes anos, destas décadas, non pode haber plenas liberdades nin profundos avances sociais sen golpear ás estruturas dominantes. Vivimos nunha época onde a ruptura democrática debe de situarse en primeira liña.
A nación galega, e o resto de territorios que conforman o Estado Español, non pode crer nunha Constitución baleira, onde se fala de dereitos como a vivenda, da gratuidade do ensino, da sanidade, da xustiza, pero que en realidade está sendo constantemente vulnerada.
Por iso, esiximos un goberno popular e non este falso réxime que vístese coas mellores galas cando lle convén Hoxe máis que nunca, levantamos as bandeiras do internacionalismo, da camaradería, levantamos as bandeiras tricolores, galegas e vermellas con auténtico orgullo.

ABAIXO A CONSTITUCIÓN DO 78!
A POR UNHA DEMOCRACIA DO POBO E PARA O POBO!!
VIVA A REPÚBLICA!!!

ASINAN:
COLECTIVO REVOLUCIONARIO BENIGNO ÁLVAREZ, COMITÉ GALEGO DO PCE (ML),
FEDERACIÓN GALEGA DE REPUBLICANOS, NOVA ESQUERDA SOCIALISTA – GALEGA

PERSOAS A TÍTULO PERSOAL: Manuel Rodríguez, André Abeledo Fernández, Iván Daniel González, Mariam Palomares, Maria Jose Romay.